GOOD BYE, GIN-TONICS...
Texto: Herbert Johnson
Fotos: Manuelanxo
Maldita sexa!!!!
Que noite histórica!!!!!!!!!!
O dia 8 de marzo de 2007 pasará os anais da historia como a mellor noite de rock and roll xamáis vivida por un público. A primavera xa se notaba no ambiente, o puto inverno daba os seus últimos coletazos, respirábase no aire un lixeiro aroma a triunfo, a cidade de Santiago en plena efervescencia... AHHH!!! que gran noite, amigos... triste, pero irrepetible...
Si... Xa o sei... 10€ de entrada... Quen tocaba? Os Rolling Stones? Non señoras e señores... A noite pertencía a tres dos mellores grupos de rock de esa bofetada na cara que é Ordes, que ben valían 10 ouros cada un. Tres grupos diferentes. Tres distintas visións dunha mesma e maravillosa realidade: O Rock and Roll... algo máis que un simple xénero musical.
O primeiro turno correspondeu a uns sorprendentes Kastomä, uns tios que como o viño, ese leiv motiv da súa carreira, melloran co tempo. Cando leven 80 anos na estrada, estes tios van ser máis famosos que Xesucristo. Un directo que poñía os pelos de punta, con certo acento no visual, que deberían explotar máis. As novas cancións tocadas polos Motorhead de Fontestrei suben o nivel destes veteranos do rock. Cando saia o disco pode haber serios disturbios.
Pero pa veteranos (casi se lles pode chamar patróns) os Chícharo Sicótico, segundo grupo que nos fixo eyacular esa noite. Un grupo que debería tocar moito máis e deixarse de mariconadas. Grandes himnos, poderosas guitarras, un sexy baixista e un batería megalómano (militante de Zënzar) que deixou a varias personas nun éxtasis como o de Sta. Teresa. A pena? o escaso tempo que tocaron, que só nos dou como consuelo unha cousa: despois virían OS GIN-TONICStm!!!!!!
Os Gin-Tonics abandonaron esta noite a música deixando o pabellón ben alto. Moitos de nós quedamos orfos despois deste espectacular concerto. Qué coño se supón que imos facer agora? Malditos cabrones!!! Casi os odio tanto como os amo!!!
Todo foi rápido, moi rápido. Como se quixeran despedirse de forma indolora, algo imposible xa que moitos de nós nunca volveremos a ser os mesmos despois de ver a estos hijos de la gran puta en directo. Apenas 10 cancións e un par de bises cos que o público vibrou cuan colibrín embriajado con amoras fermentadas...
Sito: Mestre de ceremonias soooon!!!!!!!
Primeira sorpresa da noite: Un xenial presentador encarnado por un Sito austero e discreto dou comezo á primeira canción dos chavales, un tema dos Oblavions, "Bad Man", que a banda nos ofreceu como regalo inédito de despedida. A beleza dos acordes contrastaba coa desgarrada voz dun Americano que transmitía coa súa interpretación o tema principal da canción: o que se sinte cando algo remata, xa sexa unha banda de RNR, os cartos ou o amor... Fantástico!
Todo continuou como a seda, ainda que non podo máis que cagarme no puto técnico de son, que pese a que cobrou de lo lindo, non fixo máis que mermar paulatinamente a potencia sónica deste grupazo (polo visto non eran horas para un volumen brutal). Os seus temas clásicos foron tocados un a un, e sentín que era a derradeira vez que ía ver iso. Ese torpe e dionisíaco americano tropezando cos cables, tirando coas bebidas enrriba dos enchufes, presa da súa catarse musical... Ese Manuel "La Bestia" tocando maravillosamente o baixo como un Paganini lisérxico, iso sí, como a cara dunha moneda de cinco pesos... de perfil... É imposible captar os seus dous coloretes nunha mesma foto. Se alguén consigue unha foto frontal del, págase moi ben nas subastas máis frikis.
Segunda sorpresa: O Americano chama a unha vella coñecida... Silvia. Esta preciosidade e a súa dourada trompeta conseguiron que todo o mundo arrincase a bailar como uns San Vitos enchidos de metílico ata as orellas. O mellor "Shot Down" que escoitei... No dia da muller, foi a única participación femenina do evento (no escenario)... E dende aquí reivindico a todas as rockeiras que montedes inmediatamente un grupo, porque estades buenísimas cando tocades rockandroll. Silvia... eres como a quinina dun gin-tonic.
Os temas clásicos continuaron, e o suor que provoca a música nejra tocada a un ritmo frenético foi chegando. A comunión entre a banda e o público foi case relixiosa. Como trogloditas bailando o Unga-Unga, todo dios, posuido polo RNR, moveu polo menos unha parte do seu corpo seguindo o ritmo cósmico marcado polas baquetas de Antonic, un ser moi idolatrable. En Sigüeiro deberían facer unha estatua equestre deste magnífico percusionista, que, ademais de encandilar ás rapazas, sempre arrasa coa audiencia gay. Os seus aporreos na percusión son unha mezcla de violencia e ternura que non deixan a ninguén indiferente... Outro ilustre sigüeir-ano é Mathew, un tio que toca a guitarra e o mesmo tempo flirtea coas cachondas que ve en primeiras filas. Todo un casanova... Un tio elegante no musical e no estético, que sen embargo ten un gusto pésimo para os tugurios. Sempre acaba nos antros máis vomitivos e susceptibles de ser desinfectados cun lanzallamas... Pero como lider e fundador dos Gin-Tonics, este Xoel del Tambre debería cobrar unha pensión vitalicia polo que fixo polo RockandRoll...
Terceira sorpresa: De súpeto, Oscar de Santaia: Un individuo ligado á movida musical de Ordes polas súas particulares e enloquecidas composicións e a súa forma innovadora de tocar o baixo. Lembremos que foi baixista dos Tonics durante unha temporada, sustituindo a la bestia que destrozou un dedo, sabe dios onde o meteu... Collendo un micro, deleitounos a todos con ese clásico contemporáneo que é "Mr. LLons", e que deixou ó público bolchevique da NASA coa boca aberta.
Tras isto, a instalación eléctrica non o puido soportar e todo se foi ó carallo... Demasiados vatios para o apostol... Uns minutos de incertidume e tensión deron como resultado: a) Un maior emborrachamento dos Gin-Tonics b) A fuxida de boa parte do público, que o día seguinte debía de presentarse no seu posto de traballo c) O concerto durou ata a unha e pico, algo inusual na sala NASA, que ten uns veciños bastante tocapelotas.
Ó fin, todo se arranxou, e os Gin-Tonics poideron tocar o resto do seu repertorio... Uns minutos grandes, moi grandes... Un exemplo... Lo mejorcito que vin deles (ainda que o volumen era fodidamente feble). Santonio, el jevi de los fogones, el Stivie-Ray de las tixolas, el gavilán de lasa seis cuerdas fendeu os seus castigados dedos cos últimos punteos que ía facer para a banda. Reboredo pode estar orgullosa de posuir a un guitarrista, cociñeiro e bebedor de cervexa como el.
Todo rematou tan cedo... todo foi tan de súpeto... tan precoz... Cando todos estabamos quentando, esos cabróns con corbata (o americano donou a súa ás primeiras filas) cortaron... 2 bises recordaronnos que todo o bó remata, que nada é eterno... "Dead Flowers" (Jagger/Richards) e "Psycho" (Sonics) foron os improvisados temas de despedida da máis grande banda de versións xurdida en Galicia da máis grande banda de versións nacida en Seattle ... Dios! Oh, Dios, apiádate das nosas almas pecadoras! Qué vai ser do Rock and Roll ajora???
Despois, a clásica juerga cos Gin-Tonics e os Chícharo ávidos de morapio. Cheos coma centolos dispuxémonos a dar unha volta por esa ciudá tan cojonuda. A partir de eso, non sei se foron recordos ou alucinacións...
Ahhh! Santiago de Compostela... Qué ben!
A mañán foi jodida, tíos... Resaca chunga, os Gin-Tonics disoltos, unha mañán gris... Merda... O meu corazón estaba destrozado... Pero algo permanecerá sempre conmigo... Todos esos fabulosos concertos que vin, sentín, saboreei e vivín da man destes cinco rapaces... Esos recordos permanecerán indelebles nos nosos corazós pra sempre...
Gracias, Gin-Tonics polo moito que nos alegrastes a existencia... NUNCA VOS ESQUECEREMOS, cabronazos!!!!
Telón...
16 comments:
unha magoa perderse a despedida deste gran grupo que marcou un antes e un despois. saúdos dende a barcelona moderna de mierda. pronto ei volver
un saúdo
un bico!
E baixou o telón pero non a ilusión, agardaremos a que algún día nos volvades deleitar coa vosa boa música. Foi un placer ser membro do clú de fans duns músicos tan bós. Ata a próxima
Un enorme bico para o mellor club de fans da historia da humanidade!!!!
gracias por existir!!!!!
Foi un festón. A magoa é que deixárades o gin tonic. Agardamos que cambiedes axiña para outro combinado, o sabor xa non será o mesmo pero, pillaremos un bo puntazo ó voso son.
veñan, beban e vivan OS GINTONICS.
P.D.: "Dalles señor o descanso xusto e cando vos pase a resaca e montedes outro grupo, brile o voso nome nun neon mais grande có de Reyca".
Non teñen avoa... (nen falla lles fai!)
Un pouco de modestia si que non sobraba...! que é un grupo de versions coñe, os pes na terra!
E por certo, as fotos xiranse que da pouco traballo e o monitor non pode xirarse...
unha magoa a separaçao!
Coidenseme
¿Como xiro as fotos?
Please, help me!
Mr Severeve:
Queixas a Mr Herbert Jonhson;curtido corresponsal en zona de guerra.
Seguramente non vaia coñecer vostede moitas bandas que se tomasen tan pouco en serio coma estes pailans da garabata noir. Asegúrollo.
Ok. Que sepades que sinto a separación. Pero o que fixestes con The Sonics non ten perdón de dios. Tersiverxastes o seu sonido, que quedou nun quero e non poido. Quitasteslle carraxe. Pero tamén tuvistedes momentos bos. O cantante e o bateria, o mellor.
Confio en vos para o futuro.
¡Saude!
na miña casa as bandas de versións fan eso, versións.Para escoitar ós sonics xa temos os seus cd´s
que facil é xuzgar mentras se está na casa rascando os wevos sen facer nada.
xDDD...viva la felicidad!
VIVA!!!
guay!
por certo...
onde podo contactar con whosvarna?
chachi!
whos_varna@hotmail.com
VOLVEDE!!!
http://www.eordes.com/ver_opinion.php?id=4372&idlista=183
Post a Comment