Rock And Roll for young people

Por H. Johnson

A xuntanza Luis Freire, acabou en noite de RNR, e eso que o concerto estaba competindo directamente co partido Barça- Depor. Pero para os novos investigadores (e os non tan novos) o concerto foi todo un descubrimento biolóxico.

Unha vez chegados ó albergue, unha botella de viño Rioja serviu para quentar o corpo dos músicos, algo totalmente ilegal, xa que nin alcol nin fume estaban permitidos no fodido recinto. Polos guevos se pasaron as normas os rockeros, que se van de duros. Tras cenar as delicatessen que nos tiñan preparados, e tomar un ilegal café con jotas, procederon a dar un sobrio concerto no que regalaron aos púberes do público un concerto que cambiaría as súas vidas. Algún deixou a bioloxía polo Rock.

Unha hora e pico de Rock, no que corría a cervexa con naturalidade entre o grupo, e o público. Como sempre ocurre, a cousa foise quentando e casi acaba en traxedia. Cun enfurecido público esixindo outra-outra , os Gin-Tonics tiveron que marchar de aló por patas. O primeiro, O americano (cada vez máis Prima Donna) que deixou tirados ó resto do grupo, que tiveron que recoller o equipo (un armatroste de cojones) e firmar autógrafos a unhas raparigas en franco desenrolo, que dende entón, expulsaron das súas carpetas as fotos de Melendi e Leo Dicaprio, e pegaron as de Matías, que segundo recientes enuestas entre o público feminino e homosexual, é o Gin-Tonic máis follable. (non vou decir cal é o menos)

Antonic e "La Bestia" Manuel, foron os máis valorados polas doncellas aló congregadas, que vían neles a individuos perigosos e macarras, uns sudorosos e testosterónicos tipos duros, vaia. Deus sabe o que pasou polos seus corruptos miolos durante o concerto. "La bestia", tiña un toque encarnado na cara que non inspiraba moita confianza, mentres que Antonic aporreaba na batería coma se foran os bonus do Street Fighter, eses de destrozar un coche. Vaia par!

Con respecto a Santonio, el gavilán de las 6 cuerdas, ó día seguinte tiña que currar ¡No mesmo puto sitio! estando obrigado a facerlle a comida a todos eses adolescentes, que a noite anterior espertaron a un mundo novo e emocionante, O ROCK AND ROLL, que destrozará o futuro de algúns e os levará inevitablemente ó inferno.

Por certo, se queredes ver un video-resumo do concerto, pinchade aquí.

Locations of visitors to this page