Os Gin-Tonics en DVD

Non perdas esta magnífica oportunidade!!!!

Adquire este documental
deixando os teus datos e e-mail
en: osgintonics@gmail.com

Extraordinario DVD por só 5€!!!
15 minutos sobre as verdades e mentiras do RNR!!!
Os Gin-Tonics contando a historia en primeira persona!!!!

edición limitada!!
altamente pirateable!!
anunciado en Internet!!

**Contén extras:
-Matías cortando as uñas dos pés!
-Santonio facendo a primeira comunión!
-Manuel sodomizando unha xirafa!
-O Americano cantando para o Opus Dei!
-Antonic e Alaska: Duetos en Teixeiro!

Non sexas parvo: Consígueo!!!

Por fin... TODA A VERDADE!


Descubre todos os seus trapos sucios,
proximamente...

A Troita

Este viernes, 4 de Maio
en Sigüeiro
pola tarde-noite:

Who's Varna
Flash Flans (with Antonic)
Samesugas
Riff Raff

Se o perdedes
é que estades totalmente mal da cabeza!!!

La Bestia & Antonic returns...




...E será no FIF (festival Internacional das Flores), importante evento organizado nas máxicas terras do Cachopal pola propia Bestia, que xa está recuperado da súa "limpeza" nun sanatorio por "problemillas de salud"...
Lembrade ir o Sábado, día 27 de Maio (cumpleanos de Vincent Price e Christopher Lee) con comida e alpiste a esas terras para disfrutar duns concertos que te poden deixar coa boca aberta...
O susodicho festival contará cos nunca suficientemente valorados Who's Varna como cabezas de cartel, uns putos xenios coa carraxe da mocidade e a forza do RNR máis salvaxe, que mexan polo resto dos seus patéticos compatriotas de Sigüeiro. Ademáis tamén disfrutaremos da "Amazing Midas Orchestra", grupo de rock sinfónico que versionean os temas que están de máis rabiosa actualidade...
E como non... Para os amantes da carroña e a necrofilia, e para fans nostálxicos dos Gin-Tonics, poderemos disfrutar dos ritmos sexuais de Antonic, o Gin máis prolífico da etapa Post-Gintonic (un puto mercenario dos tambores, para qué negalo...), e tamén de la Bestia tocando o seu instrumento natural: A puta guitarra eléctrica... Estamos desexando volver a velo de espaldas ao público tocando as seis cordas, mentres só pensa nas juergas que vivirá despois nos camerinos... Os seus acompañantes para este grupo de Pop bautizado como "Os Neumáticos" serán Xulio e Alberto... Veremos qué resulta de tan esperada actuación...
Se queredes saber moito máis deste multitudinario festival primaveral, xuvenil e bucólico, só tedes que pinchar eiquí.

Antonic no Nunca Mais


Antonic recuperase da disolución dos Gin-Tonics tocando en The Flash Flans, grupo que entre outros, versionean a... OS SONICS!!!!
Cun apabullante nivel técnico, os músicos desta banda (Juan, Tato, David e Antonic) farán as delicias da audiencia que aló se congregue o luns dia 30 de Abril (si, amigos... Despois da festa do champiñón...)

A vida continua...



...e os membros dos inesqueilcibles Gin-Tonics empézanse a buscar a vida no mundillo da música.
É o caso de Santonio, "o gavilán das 6 cordas", que aceptou unha millonaria oferta dos Chícharo psicótico para tocar a guitarra con eles en sustitución de Mario, que pasa a tocar os teclaos. Os cabróns levan un guitarrista como un templo! INCENDIA ESES AMPLIS, CHAVAL...!!!!

GOOD BYE, GIN-TONICS...


Texto: Herbert Johnson
Fotos: Manuelanxo



Maldita sexa!!!!
Que noite histórica!!!!!!!!!!
O dia 8 de marzo de 2007 pasará os anais da historia como a mellor noite de rock and roll xamáis vivida por un público. A primavera xa se notaba no ambiente, o puto inverno daba os seus últimos coletazos, respirábase no aire un lixeiro aroma a triunfo, a cidade de Santiago en plena efervescencia... AHHH!!! que gran noite, amigos... triste, pero irrepetible...

Si... Xa o sei... 10€ de entrada... Quen tocaba? Os Rolling Stones? Non señoras e señores... A noite pertencía a tres dos mellores grupos de rock de esa bofetada na cara que é Ordes, que ben valían 10 ouros cada un. Tres grupos diferentes. Tres distintas visións dunha mesma e maravillosa realidade: O Rock and Roll... algo máis que un simple xénero musical.

O primeiro turno correspondeu a uns sorprendentes Kastomä, uns tios que como o viño, ese leiv motiv da súa carreira, melloran co tempo. Cando leven 80 anos na estrada, estes tios van ser máis famosos que Xesucristo. Un directo que poñía os pelos de punta, con certo acento no visual, que deberían explotar máis. As novas cancións tocadas polos Motorhead de Fontestrei suben o nivel destes veteranos do rock. Cando saia o disco pode haber serios disturbios.
Pero pa veteranos (casi se lles pode chamar patróns) os Chícharo Sicótico, segundo grupo que nos fixo eyacular esa noite. Un grupo que debería tocar moito máis e deixarse de mariconadas. Grandes himnos, poderosas guitarras, un sexy baixista e un batería megalómano (militante de Zënzar) que deixou a varias personas nun éxtasis como o de Sta. Teresa. A pena? o escaso tempo que tocaron, que só nos dou como consuelo unha cousa: despois virían OS GIN-TONICStm!!!!!!


Os Gin-Tonics abandonaron esta noite a música deixando o pabellón ben alto. Moitos de nós quedamos orfos despois deste espectacular concerto. Qué coño se supón que imos facer agora? Malditos cabrones!!! Casi os odio tanto como os amo!!!
Todo foi rápido, moi rápido. Como se quixeran despedirse de forma indolora, algo imposible xa que moitos de nós nunca volveremos a ser os mesmos despois de ver a estos hijos de la gran puta en directo. Apenas 10 cancións e un par de bises cos que o público vibrou cuan colibrín embriajado con amoras fermentadas...

Sito: Mestre de ceremonias soooon!!!!!!!


Primeira sorpresa da noite: Un xenial presentador encarnado por un Sito austero e discreto dou comezo á primeira canción dos chavales, un tema dos Oblavions, "Bad Man", que a banda nos ofreceu como regalo inédito de despedida. A beleza dos acordes contrastaba coa desgarrada voz dun Americano que transmitía coa súa interpretación o tema principal da canción: o que se sinte cando algo remata, xa sexa unha banda de RNR, os cartos ou o amor... Fantástico!


Todo continuou como a seda, ainda que non podo máis que cagarme no puto técnico de son, que pese a que cobrou de lo lindo, non fixo máis que mermar paulatinamente a potencia sónica deste grupazo (polo visto non eran horas para un volumen brutal). Os seus temas clásicos foron tocados un a un, e sentín que era a derradeira vez que ía ver iso. Ese torpe e dionisíaco americano tropezando cos cables, tirando coas bebidas enrriba dos enchufes, presa da súa catarse musical... Ese Manuel "La Bestia" tocando maravillosamente o baixo como un Paganini lisérxico, iso sí, como a cara dunha moneda de cinco pesos... de perfil... É imposible captar os seus dous coloretes nunha mesma foto. Se alguén consigue unha foto frontal del, págase moi ben nas subastas máis frikis.

Segunda sorpresa: O Americano chama a unha vella coñecida... Silvia. Esta preciosidade e a súa dourada trompeta conseguiron que todo o mundo arrincase a bailar como uns San Vitos enchidos de metílico ata as orellas. O mellor "Shot Down" que escoitei... No dia da muller, foi a única participación femenina do evento (no escenario)... E dende aquí reivindico a todas as rockeiras que montedes inmediatamente un grupo, porque estades buenísimas cando tocades rockandroll. Silvia... eres como a quinina dun gin-tonic.





Os temas clásicos continuaron, e o suor que provoca a música nejra tocada a un ritmo frenético foi chegando. A comunión entre a banda e o público foi case relixiosa. Como trogloditas bailando o Unga-Unga, todo dios, posuido polo RNR, moveu polo menos unha parte do seu corpo seguindo o ritmo cósmico marcado polas baquetas de Antonic, un ser moi idolatrable. En Sigüeiro deberían facer unha estatua equestre deste magnífico percusionista, que, ademais de encandilar ás rapazas, sempre arrasa coa audiencia gay. Os seus aporreos na percusión son unha mezcla de violencia e ternura que non deixan a ninguén indiferente... Outro ilustre sigüeir-ano é Mathew, un tio que toca a guitarra e o mesmo tempo flirtea coas cachondas que ve en primeiras filas. Todo un casanova... Un tio elegante no musical e no estético, que sen embargo ten un gusto pésimo para os tugurios. Sempre acaba nos antros máis vomitivos e susceptibles de ser desinfectados cun lanzallamas... Pero como lider e fundador dos Gin-Tonics, este Xoel del Tambre debería cobrar unha pensión vitalicia polo que fixo polo RockandRoll...




Terceira sorpresa: De súpeto, Oscar de Santaia: Un individuo ligado á movida musical de Ordes polas súas particulares e enloquecidas composicións e a súa forma innovadora de tocar o baixo. Lembremos que foi baixista dos Tonics durante unha temporada, sustituindo a la bestia que destrozou un dedo, sabe dios onde o meteu... Collendo un micro, deleitounos a todos con ese clásico contemporáneo que é "Mr. LLons", e que deixou ó público bolchevique da NASA coa boca aberta.
Tras isto, a instalación eléctrica non o puido soportar e todo se foi ó carallo... Demasiados vatios para o apostol... Uns minutos de incertidume e tensión deron como resultado: a) Un maior emborrachamento dos Gin-Tonics b) A fuxida de boa parte do público, que o día seguinte debía de presentarse no seu posto de traballo c) O concerto durou ata a unha e pico, algo inusual na sala NASA, que ten uns veciños bastante tocapelotas.
Ó fin, todo se arranxou, e os Gin-Tonics poideron tocar o resto do seu repertorio... Uns minutos grandes, moi grandes... Un exemplo... Lo mejorcito que vin deles (ainda que o volumen era fodidamente feble). Santonio, el jevi de los fogones, el Stivie-Ray de las tixolas, el gavilán de lasa seis cuerdas fendeu os seus castigados dedos cos últimos punteos que ía facer para a banda. Reboredo pode estar orgullosa de posuir a un guitarrista, cociñeiro e bebedor de cervexa como el.



Todo rematou tan cedo... todo foi tan de súpeto... tan precoz... Cando todos estabamos quentando, esos cabróns con corbata (o americano donou a súa ás primeiras filas) cortaron... 2 bises recordaronnos que todo o bó remata, que nada é eterno... "Dead Flowers" (Jagger/Richards) e "Psycho" (Sonics) foron os improvisados temas de despedida da máis grande banda de versións xurdida en Galicia da máis grande banda de versións nacida en Seattle ... Dios! Oh, Dios, apiádate das nosas almas pecadoras! Qué vai ser do Rock and Roll ajora???



Despois, a clásica juerga cos Gin-Tonics e os Chícharo ávidos de morapio. Cheos coma centolos dispuxémonos a dar unha volta por esa ciudá tan cojonuda. A partir de eso, non sei se foron recordos ou alucinacións...
Ahhh! Santiago de Compostela... Qué ben!



A mañán foi jodida, tíos... Resaca chunga, os Gin-Tonics disoltos, unha mañán gris... Merda... O meu corazón estaba destrozado... Pero algo permanecerá sempre conmigo... Todos esos fabulosos concertos que vin, sentín, saboreei e vivín da man destes cinco rapaces... Esos recordos permanecerán indelebles nos nosos corazós pra sempre...
Gracias, Gin-Tonics polo moito que nos alegrastes a existencia... NUNCA VOS ESQUECEREMOS, cabronazos!!!!



Telón...

O DERRADEIRO CONCERTO!!!!!!!!!!!!

Fotos by:
Elena e ManuelAnxo


Si, rapaces...
Era un segredo a voces: Os Gin-Tonics proceden a disolver a banda que tantos orgasmos nos proporcionou...
¿Razóns? non sei... pero dende aquí animo a todo dios para que nos conte a súa particular teoría sobre tan tráxica nova, que vai facer tremer os cimentos do rock and roll....

Unha desjracia...Unha traxédia...Un armajedón...Unha Hecatombe...Unha merda...
Un carallo como o mes de mayo...



Así que xa sabedes:
Día 8 de marzo ás 22:00h (extrema puntualidaz)
Na Sala Nasa (con Kastomä e O Chícharo sicótico)

Esperámosvos...

Tristes Novas!!!!!!


próximamente...

MARDIGRAS: Noite tola no templo galego do Rock and Roll


Fotos by: Carla, Gabriel e María Pantojo
Video by: M. Pantojo
Texto by: Herbert Johnson



Bueno, bueno, bueno...
Lo veo y nolo creo...
¿Os Gin-Tonics na mardigras...? Dios mio!!! ¿Qué vai ser o próximo? ¿Os Who's Varna no Carnegie Hall? ¿Os Kastomä en Eurovisión...? ¿O chícharo psicótico na sala Nasa...? Todo esto é desquiciante...
Ahhh... O mundo está tolo, amigos. E esta actuación na bonita cidade de La coruña ilustrao á perfeccion...
A noite era nejra, e creo recordar que a lúa estaba chea coma un centolo (de ahí os arrepiantes sucesos que vos vou relatar...)

Todo transcurriu de puta madre... Trala cea de rigor, degustada nun local de moda na coru, Os Gin-Tonics e The Homens, procederon a cumplir co seu deber. Unha audiencia que pagou unha pasta estaba disposta a todo se non se lles daba RNR... Todo saliu guay. A sala encheuse gracias a un público ávido de caña. A organización brilou pola súa profesionalidade e o seu saber facer e cada cousa estaba no seu sitio nese máxico lugar.
Aló estaba o mellorciño de cada casa, botando escuma pola boca, cos ollos encarnados, e tremendo coa ansia... todos síntomas dun agudo síndrome de abstinencia de música cañera.
Os Gin-tonics tamén tremían, pero cada un por razóns distintas... Mathew gastouse 500€ no seu peinado e tiña medo de que se lle jodera. Antonic estaba jodido porque ó mesmo tempo tocaba "Tierra Santa" en Santiago, e non posúia o don de duplicarse. O americano foi alertado da presencia dunhas deportistas suecas, e intentou manter a compostura. A Santonio sentoulle mal a cena ( que acompañou con 63 quintos de cervexa) e "A bestia" tamén lle sentou mal algo, non quero nin pensar o qué.















E como se nada, nun plis-plás, estes putos pailáns encorbatados, víronse enriba dun escenario polos que pasaron grupos que non vou nomear pa non tirarme pola ventana coa mala hostia... MALDITA SEXA!!! estes tíos tiñan que bicar ese puto suelo... ¿Qué digo bicar...? Tiñan que follarse esa sagrada tarima!!!!
A miña primeira decepción foi cando vin os camerinos... Joder, macho... E pensar que ahí se despelotaron, e incluso se follaron grupies os mellores rockeiros da actualidade!!!! pero se hai transportes de gando moito máis humanitarios e hixiénicos!!! en fin... O americano, fetichista e mitómano, sentíase nese cortello coma se fora o puto hotel Ritz.

O repertorio... SIII... o mesmo... Os grandes himnos do Rock and Roll interpretados por estos insulsos cara de conas !!!. Que si Chuck berry, que si Rufus Thomas, Little Richard, Jerry Lee, Os Sonics... Unhas cancións inmortais que este grupo xa pode tocar cos ollos pechaos. Ata se rumorea por ahí que "La bestia" pode tocalas no piano coa polla!!!!
Pero hai que ser xustos... estes tios, a la par que guapos y listos, cada vez o fan mellor, os hijos de puta. Parece que van captando en que consiste esto do rock and roll, carallo.


Un espectáculo de sudor e ADN colectivos... O veneno do rock and roll uniu a toda a calaña congregada nese histórico sitio e por un intre, encheu os seus miolos de música administrada a un volumen brutal (cun americano excesivamente alto e olvidadizo)... Por un momento, a xente pasouno ben. E non falo do maravilloso club de fans ultra-cachondas que nos ilumina coa súa presencia nos mellores concertos dos Gin-Tonics (sen vos non é o mesmo) , senón de unha unión entre tódalas razas, credos. etc... (da coruña, de santiajo, de sigüeiro, de Santaia, de ordes, suecas...)
Como expliquei antes, a actuación acabou sendo surrealista, incrible, grotesca... Unha puta loucura!!
Ata "La bestia" se sentiu como un atolondrao Fred Astaire e bailou durante uns segundos...
Non sei se era un "smash patacas" , un "Twist" ou un "Hully Gully", pero tiña ritmo, o cabronazo...!!!
Matías perdeu a compostura uns intres, despeinou o seu flequillo quadrophenico e arrugou a corbata!!!
Santonio tomando uns Gin-Tonics!!!!

Todo ía estoupar dun momento a outro, pero afortunadamente, a lista de cancións rematou a tempo, e non oubo que lamentar desgracias. Arriesgandolle un pouco, o respetable esixiu un bis, e non oubo máis collóns que obedecer.
"Psycho" foi a guinda que coronou a noite de demencia... Unha gran noite que nos puxo a todos coma motos...
Sen dúbida, os mellores teloneros dende que uns descoñecidos Grandfunk telonearon a Led Zeppelin!!!

Despois...
el buitrerío y la carroña. Mentres uns honestos The Homens tocaban a súa música, os gin-tonics apresuráronse a dar rienda suelta aos seus impulsos máis baixos...


As deportistas suecas resultaron ser da selección de lanzamiento de martillo, así que un aterrorizado americano fuxiu de aló a toda hostia, presa do pánico...
Pero... NO PROBLEM ! "La bestia" colleu o seu maletín e meteuse con todas elas no puto camerino-lata de sardiñas.
Na barra do bar, Antonic deuse á bebida farto de tanto pop e tanta mariconada... Tierra Santa non se lles escaparía a próxima vez!!!
Mathew e Santonic foron firmar autógrafos e a lucir careto. Creo que recibiron ofertas de La nueva Vale e da Superpop para posar na portada. Os seus representantes (que xa lles ofreceron tocar na pasarela zibeles) están baraxando cómo quirtarlles o maior número de cartos...


















E así está a cousa, amigos... Os Gin-Tonics na puta Mardigras!!!
Un país que permite a estes tios tocar ( e por riba nese puto santuario rockeiro) e despois non toma represalias, é que nos estamos volvendo todos majaretas!!!

Unha mostra gratuíta.

Fotos do Nunca Mais: 29-12-2006















Fotos by:
Elena

Locations of visitors to this page