Fotos do Nunca Mais: 29-12-2006















Fotos by:
Elena

Venres 26-1-2007



Sala Mardigras (A Coruña)

Unha
OrgásmicaCaralludaFantásticaIncrible
velada a cargo dos excelentes conxuntos:

The Homens
e
Os Gin-Tonics

Lembrade!!!: Venres 26 de Xaneiro ás 22.00h

Entradas:
Anticipada 4€!! no arcos (ordes), kilé (ordes) e discos portobello (Coruña)
Taquilla 5€!!!!!!

TERRORÍFICO CONCERTO PA ACABAR O ANO!!!!

Por Herbert Johnson.
(As fotos serán actualizadas en canto nos sexa posible)

Os Gin-tonics nunca deixarán de sorprenderme. E o dia 29 de decembro, derradeiro venres do ano, sorprenderonme de carallo.
O repertorio, o de sempre. Quizais algúns cambios (máis velocidade, algo que se agradece; reformas nalgunha canción...), pero algo distinto se percibía no ambiente. O Nunca Mais, abarrotado, cheo de fume e borrachos (algún abriu a cabeza). Perfecto para interpretar un correcto RNR.

Como nos vellos tempos, os Mala Chispa T.C. volveron a abrir boca para o público, que cando os Tonics subiron, xa estaba doente. Non me estraña. Entre o público estaban dende ilustres clientes do Nunca Mais ata xente que nunca puxera un pé nese antro, pasando, como non, por habituais dos concertos dos Gin-Tonics como o seu reducido clú de fans tias-buenas, os indeseables de santa crus e esa xente misteriosa que as veces escribe no blog.
Mathew Tonic tiña "bronquitis" polo que tiña unha cara de zombie que tiraba patrás e un estilo guitarrístico moi particular (que a un servidor lle pareceu punk e de puta madre). As rapazas, ainda supurando verdosas flemas, mollaronse vivas coa súa presencia. Ainda non entendo que lle ven, se é máis feo que o demo!!!

A ONG "baterías sen fronteiras" ten a Antonic entre os seus máis traballadores percusionistas, pois volveu facer doblete (fixo de drummer dos Mala Ch.). Non esperábamos menos deste amante do Heavy máis rancio ("Helloween" "Sangre azul" "Heroes del Silencio").Cos mala chispa, espectacular. Cos Gin-Tonics, coma sempre... Caña a dios!!! Qué se pode esperar dun batería? Que lea a Dostoievski? NON... que aporree os putos tan-tans coma se fora un neanderthal!!!. Xa bó ten con parecerse a Dee Dee Ramone.

O americano, estaba famélico, case anoréxico. Pero despois da poderosa cena coa que os deleitaron (un chisco tarde) cantou, e berreou, e torturou a súa armónica co seu habitual estilo cacofónico. Este cabrón merece cen latigazos despois dos concertos por facernos sangrar os tímpanos cos seus desafinados ladridos. Tamén é certo que nas primeiras filas, a fauna que había por ahí dicíalle de todo... O que máis se oiu: "Tocade la granja de ZZ Top...", pero tamén lle dician lindezas como "Adícame unha canción..." ou "nm,adohi ahh sd de puta madre, tio...ggg..."

"A bestia" Manuel(A.K.A. "El monstruo del cachopal") fixo a sua típica correcta actuación. Impasible durante todo o concerto (Bill Wyman?), todos nos quedamos de pedra cando fixo uns coros en "Money"... Pero despois sí que a armou. Con Marcos do Nunca Máis, fixo un contrato que esixía que pa tocar ahí tiña que ter vinte toallas brancas e dúas marróns, un bote de nocilla, unha habitación no Hostal Louro e cinco putas de razas distintas, ademáis de botellas de vodka, jeringillas pa chutarse mariguana, e un burro como o da peli "Despedida de soltero"(?!). Nunca saberemos como acabou a noite, pero coñecendoo, é doado adiviñalo.

SAntonic tocou a guitarra co seu habitual estilo. Increpado polos "revoltosos" de santa crus, tocou con furia, pero non oubo maneira. Os hijosputa déronlle caña, non só a el, senón a todo dios, e mesmo tomaron a tarima nos bises, xusto cando se interpretaba "Psycho". Falando despois co americano, éste comentoume: "Dios! Nunca pasara tanto medo na miña vida como cando me rodearon esas hordas de Montaos... ". O acabar o concerto, tomaron os micros e puxeronse a insultar á banda e a dicir tonterías dignas dun conselleiro.


Mención especial merece Silvia, que bordou o "Ring of Fire" de Johnny Cash e dous éxitos máis dos Gin-Tonics. Unha tia cos ovarios ben postos, que cando toca a trompeta, esto parece o puto apocalipsis.
E iso foi todo. Non hai nada mellor para acabar o ano: Tónica con Gordons, un traxe negro e rock and roll a toda hostia.
Devecemos por máis.

Locations of visitors to this page