29-12-06

CONCERTAZO!!!!
na sala



Mala Chispa T.C.
+
Os Gin-Tonics

Ese minutiño de Fama

A TVG gasta un minuto do seu valioso tempo en nós!
Un gran comunicador fai unha excepcional crónica do Ordes Rock '06 na Alameda(!?)



Rock And Roll for young people

Por H. Johnson

A xuntanza Luis Freire, acabou en noite de RNR, e eso que o concerto estaba competindo directamente co partido Barça- Depor. Pero para os novos investigadores (e os non tan novos) o concerto foi todo un descubrimento biolóxico.

Unha vez chegados ó albergue, unha botella de viño Rioja serviu para quentar o corpo dos músicos, algo totalmente ilegal, xa que nin alcol nin fume estaban permitidos no fodido recinto. Polos guevos se pasaron as normas os rockeros, que se van de duros. Tras cenar as delicatessen que nos tiñan preparados, e tomar un ilegal café con jotas, procederon a dar un sobrio concerto no que regalaron aos púberes do público un concerto que cambiaría as súas vidas. Algún deixou a bioloxía polo Rock.

Unha hora e pico de Rock, no que corría a cervexa con naturalidade entre o grupo, e o público. Como sempre ocurre, a cousa foise quentando e casi acaba en traxedia. Cun enfurecido público esixindo outra-outra , os Gin-Tonics tiveron que marchar de aló por patas. O primeiro, O americano (cada vez máis Prima Donna) que deixou tirados ó resto do grupo, que tiveron que recoller o equipo (un armatroste de cojones) e firmar autógrafos a unhas raparigas en franco desenrolo, que dende entón, expulsaron das súas carpetas as fotos de Melendi e Leo Dicaprio, e pegaron as de Matías, que segundo recientes enuestas entre o público feminino e homosexual, é o Gin-Tonic máis follable. (non vou decir cal é o menos)

Antonic e "La Bestia" Manuel, foron os máis valorados polas doncellas aló congregadas, que vían neles a individuos perigosos e macarras, uns sudorosos e testosterónicos tipos duros, vaia. Deus sabe o que pasou polos seus corruptos miolos durante o concerto. "La bestia", tiña un toque encarnado na cara que non inspiraba moita confianza, mentres que Antonic aporreaba na batería coma se foran os bonus do Street Fighter, eses de destrozar un coche. Vaia par!

Con respecto a Santonio, el gavilán de las 6 cuerdas, ó día seguinte tiña que currar ¡No mesmo puto sitio! estando obrigado a facerlle a comida a todos eses adolescentes, que a noite anterior espertaron a un mundo novo e emocionante, O ROCK AND ROLL, que destrozará o futuro de algúns e os levará inevitablemente ó inferno.

Por certo, se queredes ver un video-resumo do concerto, pinchade aquí.

Rock En Gandario!!!


Os Gin-Tonics en concerto
Sabado 4 Novembro
Sobre as 22:00
XVII Xuntanza de novos investigadores Luís Freire
e ROCK AND ROLL!!!!
no Albergue Xuvenil de Gandarío
Bergondo. A Coruña

POULO 2006: BAILANDO BAJO LA CHUVIA

por Herbert Johnson

Este ano a auja foi a gran potragonistra do evento, ou mellor dito, foi o malo da película, porque impediu que a festa chegase a mahores. Para empezar uns inxustamente trataos Suite fa/la, grupo-homenaxe ó baixista do chícharo sicótico, que foron, musicalmente falando, o mellor da noite, pero o público correu a regardarse do H2O (non chove en todo o verán, cheja Poulo e ...) , que nese momento caeu con la fuerza de los mares. O festival sejiu, Machina, dende Cerceda, Brétema dende Compostela e Kastomä, dende Fontestrei.
Mentres todo isto acontecía, chovía intermitentemente tocando os collóns e os ovarios da boa xente que aló se congregou, e que se refuxiaba, a falta de carpa, na lona do bochinche. Os Gin-Tonics preparaban o seu concerto a jolpe de viño, no bakstajes. Viño deste de cartón e churrasco de porco, a dieta ideal para Matías, que dende que se converteu ó Islam está feito un mindundis. O Americano bebeu e comeu como un bó católico.

Tras uns Kastomä en estado de gracia, chegou o momento (milagrosamente non chovía) e os Gin-Tonics subiron a ese escenario no que tantas veces tocaron. As clásicas cancións do grupo fixeron que parte do público se movera a ritmo de RNR, o que é de agradecer. Pero en mitade do concerto, fixo acto de presencia unha colaboradora que nos deixou a todos de pedra. Silvia e a súa trompeta deron inicio a unha excelente versión do "Ring of Fire" de Johnny Cash, e a un par de temas máis do repertorio habitual. Grande Silvia!. Tras ela seguiron Gin-Tonics, que reduciron o seu repertorio, e meteron canciós novas.

O concerto, de puta madre... quintos, cervexas, queimada e rock and roll, ¿qué máis se pode pedir??? Despois, o sorteo dun DVD e un TV, no que O Americano foi obrigado a sacar unha (en realidade foron varias) papeletas coa súa "man inozente", e provocando os odios do público que non foi premiado.

En fin... Iso foi todo... despois douse paso a uns máis que correctos Parking Sound, mentres os Gin-Tonics procederon a irse cada un pola súa conta: Matias foi mover o esquelete a unha glamurosa discoteca cercana, que dende que é musulmán, pode irse con varias chicas á vez, "A Bestia" Manuel foi pillar tabaco "...a Peñamoa, veño ajora...", Santonio foi comprar accións de Estrella Galizia, Antonic presentouse a un curso de correcta pronunciación da fala oral, e O Americano sabe Dios a onde foi, o probe desgraziao... Eu creo que foi a ver se estaba noutro sitio.

O final do festival actuaron un grupo de gaitas e Eminem, estraña mezcla, que por outro lado tiraba do etílico que te cagas... Baixo a choiva, pero co corpo quentiño por decibelios e queimadas, un grupo de xente aguantou como campións as estocadas climatolóxicas do destino.
Poulo... Qué gran ciudaz!!

MEIGAS FORA 3


A Muiñeira de Poulo

III MEIGAS FORA!!!!


Facede o favor de vir todos o dia 22 de setembro a Poulo.
Cartel:
-Os jaiteiros da estaca da via
-Kastomä
-Suite Fa/La
-Os Gin-Tonics
-Sin Esto Total
-Brétema
-Machina
-Parking Sound

(non sabemos os horarios, pero xa informaremos se nos enteramos dalgo)

ORDES, sitio distinto.

By Herbert Johnson





Ordes. Menudo sitio! Despois dunha pantagruélica cena coa que deleitou o concello os músicos que ían actuar (á que os gin-tonics non foron invitados, dada a súa dudosa capacidade), a banda foi ó antigo centro médico, onde esperaba un gran catering: Unhas augas, catro red bulls e 2 coca-colas.

Si señor, mentres os cretinos do concello comían percebes coas bandas de verdade, os gin-tonics víronse obligados a roubarlle comida e bebida a Ilegales. Uns cachos de empanada e unha botella de güiske do bó foi o que deron conseguido, de ahí o espectáculo sobrio e calvinista que deron sobre o escenario. De tódolos xeitos, "a bestia" Manuel, co cabreo, tirou unha televisión pola ventana do centro médico, ante a atónita mirada dos protección-civiles que vixiaban que "os gin-tonics non fumaran droja". Minutos antes da actuación, apareceu un anxo no backsteich: Tratábase da válida e honradísima "canselleira de xubentuz" que veu sacar unhas fotos coa banda. Se non suxeitamos a Antonic, perforaa ahí mesmiño, seguindo os seus instintos sodomitas.

E así, deu comezo a actuación. Chovía a cántaros, e víase á banda incómoda, apagada... Pero pouco a pouco fóronse soltando un pouco. Ata Manuel moveu un pé tres veces na última canción!!! Todo gracias a inestimable visita dos indeseables de St. Cross, o reducido clú de fans feminino representado por unhas cachondísimas Rocio, Silvia e María que portaron unha pancarta que ó final convertiuse nun coñazo para elas, e diversos individuos que por unha ou outra razón non se perden unha actuación dos Gin's. Ata unha desconocida (e porcallana, visto todo o ADN que había por ahí) American Woman, tirounos as súas jurásicas brajas.Tamén cabe destacar a presencia de nais, tías, etc. da banda, que escoitaban atónitas o rock and roll, mentres unha xuventude pasada de voltas facían botellón e lles rulaban porros.


Así desenrolouse o concerto. O acabar, borrachera. Case todos triunfaron coas súas respectivas grupies, menos uns patéticos Matías e O Americano, que como dúas Suélens de terceira división, deron noxo alá por donde foron, arrastrándose e facendo eses. Seguramente, practicaron un -cinco contra un- ó chegar a casa.

E iso foi todo. Nada máis e nada menos. Na miña humilde opinión, un escenario demasiado grande para os Gin-Tonics, ós que xa lles costa encher unha sucia e diminuta tarima en calqueira tigurio.
Un bico especial para o equipo de chorizos e apandadores formado polos ilustrísimos Marthino, J.L.Hermida, Susanitta, etc. que enchen de cultura o conzeyo de Ordes, e de paso, enchen os seus baleiros petos... Mamma mía!!! Esto xa parece a Florencia do cuatrochento.

QUEN SERIA O GIL-IPOLLAS????



Si, amiguitos... o concello vólveunos deleitar con outra das suas monumentais meteduras de gamba... Conócese que están tan ocupados, que non tiveron tempo nin para enterarse de quén carallo toca no seu puto pueblo nas festas. En plena N-550...

ALIVE IN ORDES.

Teodoro Martino, sexy-mecenas do Rock and Roll.


O día 18 de Agosto, con Ilegales e Zenzar, vémonos no campo da feira as 23:00. Esperámoste.

A SANTA REVOLTOSA







By Herbert Johnson

Mecagüenmimadre... Vaia festón. Vale, o sonido estaba un chisco baixo, pero QUE CARALLO. a quén lle importa o sonido???? O que importa é pillar unha chea e botar unhas bailas. O público estaba algo frío, pero cando xa estaba "bebido", o concerto foi como a seda. Os Jaiteiros e Who's Varna encenderon a xente, pero a chispa puxerona os Bretema, uns jevis destes que cantan de rollos medievais, e por suposto, os gin-tonics, que jomitaron as suas putas canciós.
Eu fun xa ó mediodía a tomar uns vermús e os callos, que co lorenzo fustigandonos as coronillas, prestaron a J.C. Venga vermú, venga quinto, e cando foi o concerto, xa tiña unha chuza como un piano.
Os indeseables de santa crus fixeron un bó festival, ainda que se botou de menos uno u ocho grupos mais. De todolos xeitos, ben. moi ben.
Os gin-tonics, na sua linea. Canciós dos sonics, algunha dos stones, e tal. Despois do concerto, oín por ahí que pararon todos no marisáns, a tomar un vaso, e Manuel, o baixista, coa sua típica atitude "sexo, drogas e rock and roll", causou o terror tirando teles pola ventana, tocando o piano coa polla e persegindo ás chavalas en pelotas, en plan Benny Hill. Menudo elemento!.

22 Xullo

THE PORT OF THE SOUND!!!!!!!







Por Herbert Johnson (corresponsal oficial dos Gin Tonics Summer-Tour)

QUÉ SITIO, MAMÁ!!!!!

Lembrade que o dia anterior foi San Xoan, a mellor festa do ano, e bueno... xa se sabe que ese dia... bueno. BUENO, BUENO...
A mañán seguinte, o americano espertou con queimaduras de 3º grao e resaca de 1ª categoría... Eso non o frenou para facer acto de presencia no que sería o escenario da sua seguinte borracheira-resaca.
Porto do Son é jodidamente bonito, e o Ardora, un tugurio con moi moi boas vibracións. Respirábase bó rollo. Praia, solpores, a dona jipi enchéndo os músicos a pinchos exóticos.
Flipei cando apareceu por ahí o grandísimo Pupas Calandraca, guitarra solista de aquela mítica banda chamada PUSSY CALANDRACAS. Sí... Pregunteille polos demais membros, pero non sabe onde carallo se meteron. Disque Janis C. cambiou de sexo outra vez (agora é muller de novo), Vicious está opositando para policía nacional e Mingus non quere saber nunca mais nada da música, retirandose a pernambuco a facer sudokus. Despois o xenial guitarrista deleitaríanos na Jam Session final cunhas pezas xunto a un inglés, DeLonghi dos Kastomä, e O SUECO QUE TOCOU COS GINTONICS EN SIGUEIRO...!!!!! Definitivamente o mundo é un pañuelo cheo de mocos.
Uns Xeniais Mala Chispa prenderon a mecha co seu habitual repertorio verbenero, e acto seguido saíron uns Gin Tonics correctitos o principio, e superados pouco a pouco por un público que esixiu o rock and roll que merecían. O Americano cantou como unha Janis Joplin tatexa e lobotomizada, sempre entre o sublime e o ridículo (ainda que raiando este último). Antonic estivo 3 HORAS!!!! tocando a puta batería, xa que foi invitado polos Mala Chispa T.C. a tocar con eles, e despois participou na Jam Session- ANTONIC!!!! WE LOVE YOU!!!!!- berraba un grupo de suecas (a selección de volley-praia) que acampaban por ahí cerca -PLEASE, BROKE US OUR ASSES, MOTHERFUCKER!!!!
Especta-culares todos.






O concerto, levouse a cabo cos temas habituais da banda, pero foron engadidos 3 mais. Por certo, os tres dos Stones ou versioneados algunha ves por eles (Route 66, Dead Flowers e Under my thumb). Se os Stones se levantaran da tumba!!! (coño...ainda non palmaron....).
Todo foi xenial, gracias, coma sempre ó calor dun público (UN PEDAZO DE PUBLICO) que máis que xordo estaba totalmente descontrolado bailando rock and roll como troglogitas no paleolítico, o redor dun tam-tam despois de encherse de mamuth asado e bayas aluzinójenas.
ROCK N ROLL. Gracias, público dos gin-tonics!!!!! GRACIASSSSSS. Sodes cenmil veces mellores que esas cinco putitas traxeadas que se van de rock and roll stars, e eso que son "fan" deles.
Uns lugareños foron felicitar á banda tras tocar, expoñéndolle suxerencias como: "Traede Jamonas, e todo perfecto" ou "Ijual chamamosbos pa a romaría de S. Pedro, pero eses pelos..."
Tras o concerto, saimos cos Gin's e Mala chispa T.C. a ver que se cocía en PdoSon. E DIOSSSSSS!!!! qué sitio, mamá!!! Tugurios da peor calaña para xente coma nós, escoria da máis baixa. Habia unha voda, e os gintonics encorbataos mimetizaronse cuan insecto-paos entre uns tremendos chuzas das rias baixas... Qué noite tan divertida, chico... As Tonic-Heads, Cervexas, Gin Tonics, Cans, Queimada triposa, Baños en pelotas, narcóticos e unha masa de xente informe durmindo a un unísono ronquido...
ARDORA,ARDORA,ARDORA!!!!!!! Quero Praia, quero mar, quero sol... QUERO ROCK AND ROLL!!!!!!!!


Laura...


Os Gin-tonics estamos total e absolutamente tolos por esta encantadora e anxelical rapaza.
WE LOVE YOU, LITTLE SISTER...
Ohh, pretty baby, dende ese día encántame a Creedence

Festival Internacional das Flores 2006






Un dia jodidamente caluroso, que llo digan os rastafaris, que sudaron tinta china, parecia que tocaban en Jamaica. Despois, os Gin tonics, co seu refrescante uniforme, ahi subiron a suar a puta jota jorda, é dicir, todo o que beberan os días anteriores.
DIOSSSS que calor facía nese puto escenario!!!!! O público de todalas edades, cores, sexos e orientacións sentabanse na herba (algún movia un pé) intentando non sufrir unha lipotimia por culpa do puto calmurcio de los cojones.Os Gintonics tocaron o seu habitual repertorio sen importarlle un carallo que os monitores de arriba non existiran para o típico técnico de sonido (xa sabedes: melena, barba, pantalóns curtos e unha resaca crónica...).
O Gin's deronno todo, incluido Manuel que tocaba na casa. Á sua nai caialle a baba, de feito cantou todalas cancions do jrupo.
Si... Foi un día extrano e caluroso. Un anticipo do verán.
Nota curiosa: Xusto empezaron a tocar os Gin- Tonics e iniciouse un pequeno incendio no campo da festa...

Locations of visitors to this page