O DERRADEIRO CONCERTO!!!!!!!!!!!!

Fotos by:
Elena e ManuelAnxo


Si, rapaces...
Era un segredo a voces: Os Gin-Tonics proceden a disolver a banda que tantos orgasmos nos proporcionou...
¿Razóns? non sei... pero dende aquí animo a todo dios para que nos conte a súa particular teoría sobre tan tráxica nova, que vai facer tremer os cimentos do rock and roll....

Unha desjracia...Unha traxédia...Un armajedón...Unha Hecatombe...Unha merda...
Un carallo como o mes de mayo...



Así que xa sabedes:
Día 8 de marzo ás 22:00h (extrema puntualidaz)
Na Sala Nasa (con Kastomä e O Chícharo sicótico)

Esperámosvos...

Tristes Novas!!!!!!


próximamente...

MARDIGRAS: Noite tola no templo galego do Rock and Roll


Fotos by: Carla, Gabriel e María Pantojo
Video by: M. Pantojo
Texto by: Herbert Johnson



Bueno, bueno, bueno...
Lo veo y nolo creo...
¿Os Gin-Tonics na mardigras...? Dios mio!!! ¿Qué vai ser o próximo? ¿Os Who's Varna no Carnegie Hall? ¿Os Kastomä en Eurovisión...? ¿O chícharo psicótico na sala Nasa...? Todo esto é desquiciante...
Ahhh... O mundo está tolo, amigos. E esta actuación na bonita cidade de La coruña ilustrao á perfeccion...
A noite era nejra, e creo recordar que a lúa estaba chea coma un centolo (de ahí os arrepiantes sucesos que vos vou relatar...)

Todo transcurriu de puta madre... Trala cea de rigor, degustada nun local de moda na coru, Os Gin-Tonics e The Homens, procederon a cumplir co seu deber. Unha audiencia que pagou unha pasta estaba disposta a todo se non se lles daba RNR... Todo saliu guay. A sala encheuse gracias a un público ávido de caña. A organización brilou pola súa profesionalidade e o seu saber facer e cada cousa estaba no seu sitio nese máxico lugar.
Aló estaba o mellorciño de cada casa, botando escuma pola boca, cos ollos encarnados, e tremendo coa ansia... todos síntomas dun agudo síndrome de abstinencia de música cañera.
Os Gin-tonics tamén tremían, pero cada un por razóns distintas... Mathew gastouse 500€ no seu peinado e tiña medo de que se lle jodera. Antonic estaba jodido porque ó mesmo tempo tocaba "Tierra Santa" en Santiago, e non posúia o don de duplicarse. O americano foi alertado da presencia dunhas deportistas suecas, e intentou manter a compostura. A Santonio sentoulle mal a cena ( que acompañou con 63 quintos de cervexa) e "A bestia" tamén lle sentou mal algo, non quero nin pensar o qué.















E como se nada, nun plis-plás, estes putos pailáns encorbatados, víronse enriba dun escenario polos que pasaron grupos que non vou nomear pa non tirarme pola ventana coa mala hostia... MALDITA SEXA!!! estes tíos tiñan que bicar ese puto suelo... ¿Qué digo bicar...? Tiñan que follarse esa sagrada tarima!!!!
A miña primeira decepción foi cando vin os camerinos... Joder, macho... E pensar que ahí se despelotaron, e incluso se follaron grupies os mellores rockeiros da actualidade!!!! pero se hai transportes de gando moito máis humanitarios e hixiénicos!!! en fin... O americano, fetichista e mitómano, sentíase nese cortello coma se fora o puto hotel Ritz.

O repertorio... SIII... o mesmo... Os grandes himnos do Rock and Roll interpretados por estos insulsos cara de conas !!!. Que si Chuck berry, que si Rufus Thomas, Little Richard, Jerry Lee, Os Sonics... Unhas cancións inmortais que este grupo xa pode tocar cos ollos pechaos. Ata se rumorea por ahí que "La bestia" pode tocalas no piano coa polla!!!!
Pero hai que ser xustos... estes tios, a la par que guapos y listos, cada vez o fan mellor, os hijos de puta. Parece que van captando en que consiste esto do rock and roll, carallo.


Un espectáculo de sudor e ADN colectivos... O veneno do rock and roll uniu a toda a calaña congregada nese histórico sitio e por un intre, encheu os seus miolos de música administrada a un volumen brutal (cun americano excesivamente alto e olvidadizo)... Por un momento, a xente pasouno ben. E non falo do maravilloso club de fans ultra-cachondas que nos ilumina coa súa presencia nos mellores concertos dos Gin-Tonics (sen vos non é o mesmo) , senón de unha unión entre tódalas razas, credos. etc... (da coruña, de santiajo, de sigüeiro, de Santaia, de ordes, suecas...)
Como expliquei antes, a actuación acabou sendo surrealista, incrible, grotesca... Unha puta loucura!!
Ata "La bestia" se sentiu como un atolondrao Fred Astaire e bailou durante uns segundos...
Non sei se era un "smash patacas" , un "Twist" ou un "Hully Gully", pero tiña ritmo, o cabronazo...!!!
Matías perdeu a compostura uns intres, despeinou o seu flequillo quadrophenico e arrugou a corbata!!!
Santonio tomando uns Gin-Tonics!!!!

Todo ía estoupar dun momento a outro, pero afortunadamente, a lista de cancións rematou a tempo, e non oubo que lamentar desgracias. Arriesgandolle un pouco, o respetable esixiu un bis, e non oubo máis collóns que obedecer.
"Psycho" foi a guinda que coronou a noite de demencia... Unha gran noite que nos puxo a todos coma motos...
Sen dúbida, os mellores teloneros dende que uns descoñecidos Grandfunk telonearon a Led Zeppelin!!!

Despois...
el buitrerío y la carroña. Mentres uns honestos The Homens tocaban a súa música, os gin-tonics apresuráronse a dar rienda suelta aos seus impulsos máis baixos...


As deportistas suecas resultaron ser da selección de lanzamiento de martillo, así que un aterrorizado americano fuxiu de aló a toda hostia, presa do pánico...
Pero... NO PROBLEM ! "La bestia" colleu o seu maletín e meteuse con todas elas no puto camerino-lata de sardiñas.
Na barra do bar, Antonic deuse á bebida farto de tanto pop e tanta mariconada... Tierra Santa non se lles escaparía a próxima vez!!!
Mathew e Santonic foron firmar autógrafos e a lucir careto. Creo que recibiron ofertas de La nueva Vale e da Superpop para posar na portada. Os seus representantes (que xa lles ofreceron tocar na pasarela zibeles) están baraxando cómo quirtarlles o maior número de cartos...


















E así está a cousa, amigos... Os Gin-Tonics na puta Mardigras!!!
Un país que permite a estes tios tocar ( e por riba nese puto santuario rockeiro) e despois non toma represalias, é que nos estamos volvendo todos majaretas!!!

Unha mostra gratuíta.

Locations of visitors to this page