ORDES, sitio distinto.

By Herbert Johnson





Ordes. Menudo sitio! Despois dunha pantagruélica cena coa que deleitou o concello os músicos que ían actuar (á que os gin-tonics non foron invitados, dada a súa dudosa capacidade), a banda foi ó antigo centro médico, onde esperaba un gran catering: Unhas augas, catro red bulls e 2 coca-colas.

Si señor, mentres os cretinos do concello comían percebes coas bandas de verdade, os gin-tonics víronse obligados a roubarlle comida e bebida a Ilegales. Uns cachos de empanada e unha botella de güiske do bó foi o que deron conseguido, de ahí o espectáculo sobrio e calvinista que deron sobre o escenario. De tódolos xeitos, "a bestia" Manuel, co cabreo, tirou unha televisión pola ventana do centro médico, ante a atónita mirada dos protección-civiles que vixiaban que "os gin-tonics non fumaran droja". Minutos antes da actuación, apareceu un anxo no backsteich: Tratábase da válida e honradísima "canselleira de xubentuz" que veu sacar unhas fotos coa banda. Se non suxeitamos a Antonic, perforaa ahí mesmiño, seguindo os seus instintos sodomitas.

E así, deu comezo a actuación. Chovía a cántaros, e víase á banda incómoda, apagada... Pero pouco a pouco fóronse soltando un pouco. Ata Manuel moveu un pé tres veces na última canción!!! Todo gracias a inestimable visita dos indeseables de St. Cross, o reducido clú de fans feminino representado por unhas cachondísimas Rocio, Silvia e María que portaron unha pancarta que ó final convertiuse nun coñazo para elas, e diversos individuos que por unha ou outra razón non se perden unha actuación dos Gin's. Ata unha desconocida (e porcallana, visto todo o ADN que había por ahí) American Woman, tirounos as súas jurásicas brajas.Tamén cabe destacar a presencia de nais, tías, etc. da banda, que escoitaban atónitas o rock and roll, mentres unha xuventude pasada de voltas facían botellón e lles rulaban porros.


Así desenrolouse o concerto. O acabar, borrachera. Case todos triunfaron coas súas respectivas grupies, menos uns patéticos Matías e O Americano, que como dúas Suélens de terceira división, deron noxo alá por donde foron, arrastrándose e facendo eses. Seguramente, practicaron un -cinco contra un- ó chegar a casa.

E iso foi todo. Nada máis e nada menos. Na miña humilde opinión, un escenario demasiado grande para os Gin-Tonics, ós que xa lles costa encher unha sucia e diminuta tarima en calqueira tigurio.
Un bico especial para o equipo de chorizos e apandadores formado polos ilustrísimos Marthino, J.L.Hermida, Susanitta, etc. que enchen de cultura o conzeyo de Ordes, e de paso, enchen os seus baleiros petos... Mamma mía!!! Esto xa parece a Florencia do cuatrochento.

6 comments:

Anonymous said...

No os dais cuenta que el vocalista se parece cada día más a Beetlejuice????

Anonymous said...

gin tonics rulezzz!

* said...

Ahhh... Gracias p.o., Bitelchús!!! Un tío con clase, si señor. Encántame o seu elegante traxe a raias.

Anonymous said...

Xa conozco os gustos d Miguel (moi bó o fotolog ) pero q musica lle gusta o bateria e o baixista?
Os mismos?

Anonymous said...

A min o que me gusta é Accept, e o disco de Manowar no que colabora Orson Welles. A nivel nacional tamén lle teño unha gran simpatía a Heroes del Silencio e Banzai. Como batería encántanme tamén os Def Leppard. Pero o meu grupo preferido de sempre é Venom.

kastoma said...

dixeron na galega: "...como decía o guitarrista dos gintonics, como era, chamábase Matias, bueno, que Ordes dáballe unha bofetada na cara a cidades coma Santiago Coruña ou Vigo no referente ó que significaba o rocanrol...queda dito, falou Matias falou ben!..."

Locations of visitors to this page